Blogia

Andresadas

A bochornosa broma da Cope a Evo Morales

     Descarga aquí o audio da broma da Cope ó governo boliviano

Xa sei que case tódalas canles de televisión e de radio tenden a ridiculizar ó presidente do governo Xosé Luis Rodríguez Zapatero... Iso é algo co que todos nós rimos, meditamos e, en ocasións compartimos... Pero o feito de involucrar a unha persoa axena á broma de xeito que sexa satirizada e engañada, é algo totalmente inadmisible. Imaxinan que pasara algo así, pero na nosa contra? Cun presidente reciba a chamada doutro para felicitalo, pero en realidade é un imitador? É unha total falta de respecto, pero non só o presidente boliviano, senón tamén ós asistentes de Evo  e a súa secretaria, que atenderon de forma correctísima ós locutores da Cope pensando, como era lóxico, que era o presidente de España. Indignante, de verdade...

 

Vosotros lo acordareis!

Descarga aquí a montaxe sobre os matrimonios homosexuais

Este é un traballo para a práctica da asignatura de Opinión Pública. A profesora díxonos de localizar un fenómeno de opinión pública e analizalo. Nós, decidimos realizar unha análise sobre os matrimonios homosexuais, pero precisabamos coñecer millor a opinión da xente... E a verdade é que esta sorprendeunos... Desde que ía contra natura, que era unha desviación... Ata que debería de levarse a cabo hai anos antes e que a Igrexa debería calar... Simplesmente vede a montaxe, e que cada un que saque as súas próprias conclusións... Espero que o desfrutedes!

 

O primeiro artigo do ano...

Un artigo para comezar o 2006... Pois non che sei que dicir... Os dous primeiros días do ano padecendo a resaca de aninovo, unha festa con traxe, baile e unha copa tras outra... Poucos recordos para unha noite longa que pasa voando... Por que todo o bo sucede nun suspiro? O placer é algo fugaz, non embargantes a dor é constante, perseverante e duradeira... A carón dos teus amigos, e non tan amigos pero coñecidos que levas tempo sen ver... Pero é unha noite para recordar, incluso para aqueles que renegaron da festa, e quedaron na casa, ben durmindo, ben mirando as galas das canles de televisión ou tomando champán co calor do fogar...

Por que tardei tanto en escrever? Non é que vos tivera esquecidos, senón que, como xa dixen antes, pasei os dous primeiros días descansando, sen folgos sen para apenas respirar, e os outros dous restantes facendo tres cartos do mesmo... E agora chega Reis e outra vez a festa... Sen dúbida, o cumio para o Nadal, a millor festa deste fenómeno entrañable chamado Navidá... Lembro que de pequeno era a millor noite do ano... Ogallá me volvera a sentir así, pero tódalas ilusións, desexos e esperanzas aparecían nese momento e soamente en Reis podían ser cumpridos... Por que? Por que algo que non existe pode chegar a facernos tan felices? A felicidade pode estar nas cousas que non existen?... 

Tres goles galegos nun San Lázaro a rebosar...

Tres goles galegos nun San Lázaro a rebosar...

Non sabedes todos vós canto lamentei non poder estar nas gradas do Multiusos de San Lázaro de Santiago de Compostela... Por fin voltaríamos ver tódolos santiagueses, ese estadio cheo por completo, ó igual que estivo nos tempos nos que a Sociedade Deportiva Compostela estaba na Primeira División. Por iso, e porque ademáis, despois de, nada máis e nada menos que sesenta e nove anos que a Selección Galega de Fútbol non xogaba un amigable... E este foi ante Uruguai, terra na que moitos dos nosos paisanos están a vivir por mor da emigración, e noutras circunstancias, do exilio...

Para ser francos, a selección charrúa, non era a bicampiona do mundo dos anos 30 e 50, senón que enfrontámonos ante unha selección abatida tralo fiasco de non podere clasificarse para o Mundial de Alemaña, e con ausencias tan notables coma as de Nestor Fabián Cannobio (xogador celtiña), Diego Forlán (do submarelo amarelo), e o Chino Recoba (xogador do Inter de Milán)... Pero os galegos si tivemos o noso Chino, Roberto Losada, aínda que este non andou moi fino ca porta uruguaia... Pero si Nano... O coruñés rematou ó fondo das redes un centro de Xulio Álvarez que supuxo o un a cero... O primeiro gol galego dende hai case 70 anos!!!!

Sinceiramente, non esperaba que a selección galega xogase dese xeito... O comezo do partido, o equipo custáballe moito saír co balón xogado, aínda que co paso dos minutos puidemos ver unha escadra que movía o esférico ó primeiro toque, e que deixaba detalles de calidade, sobre todo por futbolistas coma Pablo Álvarez, Emilio Viqueira ou Borja... Ademáis, debemos ter en conta, que dous pilares básicos do equipo galego non estaban dispoñibles, coma Borja Oubiña e Fran, que estaban tocados e non podían desputar este encontro. O amigable tamén o perdeu o goleador do Glasgow Rangers, Nacho Novo (non o actor, un futbolista... Laughing)

Na segunda metade, un equipo totalmente novo, entrou xa con gañas de remata-la festa. Deus, xogador que chegara rebotado tralas ausencias doutros xogadores que non estaban dispoñibles, fixo o segundo gol, tras un excelente pase de Juanito, o xogador do Racing... E o mesmo Deus sería o encargado de marcar o terceiro... Un gol para enmarcar... Túnel de Viqueira a un rival, pase a Michel Salgado, e o madridista, centra coa dereita por alto, de xeito que Deus remata de volea sen que o gardamallas Carini nada puidese facer... Tres a cero... Tres a cero a Uruguai... Isto é incríble... Boeno, ademáis, os uruguaios marcaron dous goles, ó final do partido, tras dous despistes de Noguerol, nos que o gardameta Roberto do Sporting de Xixón, nada puido facer...

Pero ó máis importante non é a victoria... O máis importante é ver unha afición galega, cantando Queixumes dos Pinos para empezar, e logo Eu traio unha borracheira... Máis tarde A Rianxeira... Vai o jol, ajora vai o jol.... Un verdadeiro festival no que tódolos galegos desfrutaron do millor fútbol... E que haxa moitos máis...

 

Simplesmente, Bo Nadal...

Simplesmente, Bo Nadal...

Quero comunicarvos que estas datas poden parecer a cousa máis artificial, superficial e consumista do mundo... Pero parte do que se forma é certo... Son unhas datas para estar cos teus, e creas ou non no espírito do Nadal, este acábanos invadindo... Polo tanto, non é xusto non darlle unha oportunidade ó Nadal, porque fainos crer na maxia, na posibilidade de cambiar, de que os nosos desexos se fagan realidade... Unha tempada para soñar, divertirse, rir, chorar... É muito máis do que nos imaxinamos...

Eu non son unha persoa pronadal, pero si unha persoa prosentimentos xerados polo Nadal... Non é para nada doado explicar o que significa, o que sintes, como te encontras... Eu simplesmente quero felicitar a todo o mundo por ser como é, a tódolos meus amigos, que os quero por ser eles mesmos, e a miña familia... Porque é bonito, porque hai que disfrutar e porque o Nadal é máxico... Se non cres en nada disto, millor non fagas o paripé, aínda que aconsello que sexades o máis felices que podades...

BO NADAL E UN MOI, MOI FELIZ ANO 2006, PARA QUE TODO O QUE DESEXAMOS QUE SUCEDESE ESTE ANO E NON PUIDO SER, CÚMPRASE NESTE VENIDEIRO...

(Quizais o artigo quede un pouco raro e insustancial, pero eu emprego a escritura autómatica, e así quedou...)

Everybody to the 313...

Everybody to the 313...

Descarga aquí a millor rima de toda a película de 8 Millas...Everybody to the 313 Cool

Quero ensinarvos unha letra dunha batalla de rap, o máis puro estilo regueifa. Esta dáse en Detroit, no pub Shelter, onde tódolos venres celébranse batallas deste tipo. B-Rabbit enfróntase na final ó vixente campión Papa Doc. Cos nervios a flor de pel, e cunha rivalidade extrema entre os dous, B-Rabbit saca a relucir esta brillante rima. Espero que vos guste. Este é o momento álxido da película 8 Millas.

Now everybody from the 313
Put your mothefucking hands and follow me
Everybody from the 313
Put your mothefucking hands up
Look Look
Now while he stands tough
Notice that this man did not had his hands up
This free world got you gased up
Now who’s afraid of the big bad wolf
1, 2, 3 and to the 4
1 pac , 2 pac, 3 pac, 4
4 pac, 3 pac, 2 pac, 1
You’re pac, he’s pac, no pacs, none
This guy aint no mother-fuckin MC,
I know everything he’s got to say against me,
I am white, I am a fuckin bum, I do live in a trailer with my mom,
My boy Future is an Uncle Tom.
I do got a dumb friend named Cheddar Bob who shoots
himself in the leg with his own gun,
I did get jumped by all 6 of you chumps
And Wink did fuck my girl,
I’m still standin here screamin "FUCK THE FREE WORLD!"
Don’t ever try to judge me dude
You don’t know what the fuck i’ve been through
But i know something about you
You went to Crankbook, that’s a private school
What’s the matter dawg? You embarrased?
This is guy’s a gangster, he’s real name’s Clarence
And Clarence lives at home with both parents
And Clarence’s parents have a real good marriage
This guy don’t wanna battle, He’s shook
’Cause there no such things as half-way crooks
He’s scared to death
He’s scared to look in his fuckin yearbook, fuck Crankbook
Fuck the beat, i go acapella
Fuck a papa doc, fuck a clock, fuck a trailer, fuck everybody
Fuck y’all if you doubt me
I’m a piece of fucking white trash, i say it proudly
And fuck this battle, I don’t wanna win, I’m outty,
Here, tell this people something they dont know about me.

 

Todo un retrato...

 

Descarga o trailer da curtametraxe para coñecer máis Retrato 

Este venres tivemos a posibilidade de acudir á estrea de Retrato, a última curtametraxe do director santiagués Jairo Iglesias. É moi ilusionante pensar que un amigo ó que coñeces dende que tiña 3 anos sexa capaz de facer estas marabillas...

A estrea realizouse no Centro de Arte Galego Contemporáneo, o venres 16 ás 22.15 da noite... Jairo explicou que, despois de tanto tempo agardando, podía estrear esta curta que fixera con tanta ilusión... Unha historia de amor, na que realmente comprendemos que hai que aproveita-lo tempo, que só se vive unha vez, que hai que disfrutar das cousas bonitas da vida... Cun reparto con ganador dun Goya Tamar Novas, e tamén, Sara Casasnovas, María Castro e Sergio Suárez...

Por outra banda, Jairo quixo adicar esta curtametraxe a un dos seus millores amigos, que por desgracia, foinos roubado hai cinco meses... Óscar Muiño volveu a ser recordado por todos, nun, segundo dixo o director: "...Este cortometraje no tiene nada que ver con él, pero es un pequeño homenaje que le rindo..." Sen dúbida, unha curtametraxe excepcional que espero que sexa posible voltala a ver en máis salas de Galicia, e ogallá, de España...

NORABOA JAIRO, SEGUE ASÍ QUE HAS DE CHEGAR LONXE...

 

 

 

Melocotón en xarope... Vaia exitazo!

 

5 minutos de aplausos sen cesar... Non era para menos... A cámara de Teatro Ditea demostrou todo o seu potencial, e deixou en dúbida iso de que se lle chame Teatro Afeccionado... Demostrouse este mércores á noite, no Salón Teatro de Santiago, que non falamos de "afeccionados" precisamente...

A obra representado por este elenco de artistas foi Melocotón en almíbar de Miguel Mihura, pero adaptaba ó galego, co título Melocotón en xarope... Case dúas horas de teatro nas que non existiu o aburrimento, e o sorriso era a tónica do día nas facianas dos espectadores. Nun teatro a rebosar, os actores do grupo Ditea, fixéronnos rir, sentir desacougo, medo, intriga... Unha multitude de sentimentos en só unha obra de teatro. Incrible... Das millores obras que vin na miña vida... (que conste que tampouco vin muitas, pero esta caloume fondo)

Os actores e actrices do grupo Ditea son: Lara Rozados, Ramón Valiño, Antonio Ramos, Alberte Álvarez, Lucrecia Carril, Martina Martínez e Xaquín Lorenzo. Dirixida por Antón Casas. Uns atracadores de xoiería están agochados nun piso en Madrid. O atraco en Burgos obrígalles a ter unha coartada: son turistas venezolanos que viñeron a pasar unhas vacacións a España, e estiveron no sur, en Sevilla concretamente. O maior do grupo, "o Neno", collera un arrefriado e precisaba de atención médica... A preocupación da dona piso era un obstáculo polo que deberían de pasar, ademáis de pola enfermeira que tiña que coidar do neno... Pero en Madrid, as enfermeiras non estaban dispoñibeles, e tiveron que contar cunha monxiña, coitadiña dela, que tiña pinta de ser moi boa persoa... Quen ía imaxinar que esta monxa acabaría sendo a gran preocupación dos atracadores... Non vos conto máis, porque espero que este grupo volva os escenarios con esta obra...

Para máis información sobre a obra e Ditea visite esta páxina

Non collas o teléfono Gayoso...

Clica aquí para descargar este desternillante audio

Xose Ramón Gayoso dende a Televisión de Galicia no Luar... Se alguén chama o teu teléfono... e di iso... Ti que contestarías? Eu non che sei, pero coido que nalgures alguén contestoulle de maneira máis que orixinal... E ademáis sen andar con rodeos... Se é que non se pode chamar a esas horas da noite teclando no aparello... O Luar debería ser máis cedo para que non pasaran esta clase de "incidentes"...

 

Cinemas da Lúa anúnciase no xornal

Cinemas da Lúa anúnciase no xornal

Clica aquí para descargar o anuncio en .pdf (Ábrese con Acrobat Reader)

Clica aquí para telo en .jpeg (Ábrese con calquera programa de visión fotográfica)

A continuación, amósovos un anuncio en prensa, un traballo máis para 2º de Publicidade na asignatura de medios impresos. Quizais o veredes demasiado pequeno nesta imaxe, pero colócovos unha ligazón na que poderedes observar o anuncio tanto en .pdf coma en .jpeg... Non sei se a idea é do máis ocurrente, pero non creo que a cachola me dea para moito máis... Que lle imos facer... A ver que vos parece...

Homenaxe a Óscar Muiño Blanco

Homenaxe a Óscar Muiño Blanco

Onte, no campo de terra de fútbol de Conxo, disputouse un encontro amigable en honra a un compañeiro e amigo que pola mala fortuna, foinos quitado o día 28 de Xullo deste ano. Todos sabemos que a estrada é traizoeira, e levounos a unha das millores persoas que había no mundo. Se non soa a tópico cando se di que sempre se van os millores... neste caso é ben certo... Foise un excelente amigo, co que eu compartín numerosas anédotas, diversos partidos de fútbol e de baloncesto... Moitas aventuras, e dame moita mágoa que non foran moitas máis...

Coñecín a Óscar no Antón Fraguas, foi comigo dous ou tres cursos no instituto, e xa fixemos boas migas dende o primeiro día... Correxíame os traballos e deberes da clase (era moi bo estudante e moi traballador), xogamos pachangas no recreo de fútbol (el era un grandísimo xogador, deso os do Conxo tiñan moi boa nota, ó igual que o Compos...) e tamén de baloncesto... (como desesperaba con el, ademais de ser alto, era o único capaz de facer mates sen pestanexar...) En fin, un grande amigo, grande compañeiro, estudante, mozo, fillo... Unha grandísima persoa... Quero pensar que el saiba que estea onde estea, sempre o recordaremos e non sairá nunca da nosa memoria esa imaxe sorrinte que el sempre tiña na faciana... En fin Óscar es o millor...

O partido foi entre o seu equipo, o Conxo de xuvenís e unha selección dos grandes compañeiros cos que el estivo xogando gran parte da súa vida... O partido comezou bastante turbio, con varias ocasións dos dous equipos... O primeiro gol foi do Conxo, un excepcional remate de cabeza que non puido deter Vilarinho, a pesar de estar moi ben posicionado... Pero, minutos despois este home tiña que aparecer... Iván Pérez, actual xogador do Laracha de Terceira, driblou de maneira incríble a dous rivais e conectou un fortísimo disparo coa esquerda... Vaia golazo!!!! O máis emotivo e que todo o equipo foi a darlle un abrazo á nai de Óscar e Iván alzou a súa mirada e o seu brazo ó ceo... Para ti Óscar... Unha excelente actuación do gardameta Óscar Vilarinho evitou que o Conxo se adiantase ó marcador...

Na segunda metade, a selección impúxose con tres excelentes tantos, pero daba igual, porque o partido era para Óscar. O público ovacionou a ámbolos dous equipos, que deron espectáculo, todo o que puideron para Óscar... Lembrarémoste sempre, non te esqueceremos...

No comment, no visit, NO LIFE...

No comment, no visit, NO LIFE...

Escribo este artigo porque si, porque estou canso, xa non podo máis... Ademáis de pasar unha fase na miña vida bastante confusa e insulsa, miro día tras día este blog e o meu mail para ver se hai algún comentario, algunha mensaxe de que esta páxina está servindo realmente para algo... Se isto aporta algo ás vidas do resto da xente que se digna a visitar a páxina, a maioría delas, case "obrigados" por min, porque son familiares e amigos ós que eu lles digo insistente: Visita a miña páxina... visítaa... Non creo que sexa xusto... Se a xente non lle interesa a páxina, non hai motivos para seguir...

Por outra parte agradezo a colaboración dos visitantes e tamén dos poucos aínda que gratificantes comentarios que recibín... Moitas grazas. E ata sempre.

 

Aplausos merengues para goles culés

Aplausos merengues para goles culés

0-3... 0-3... 0-3... Nin máis nin menos, que tres goles no Santiago Bernabeu, para facer que o público tivera que renderse ante a clase de Ronaldinho, Eto´o e compañía... Tres latigazos... Tres espectaculares goles que nin Deus sabe se se volverán a repetir...

Os brancos saíron coas de perder dende o comezo do partido... Neste partido comprobouse que perla era a millor: Leo Messi estivo á altura do partido, mentres Robinho deixou, en todo o partido, un regate e un centro sen rematador. Messi significou velocidade, desparpaxo, atrevimento, pase pero... falta de definición. A Pulga só tivo que definir, pero non o conseguiu. Jimmy Jump fixo acto de presencia ó comezo do partido, burlando os gardas de seguridade... No principio da segunda metade sae Mark Roberts... De streakers estivo o partido, porque ós merengues quedaron en bolas ante o esplendor do Barça.

A festa comezou cun gol de Samuel, nin máis nin menos, un xiro no que dribla a tres rivais e un tiro recto eficaz, certero... Casillas nada puido facer...  A festa continuou na primeira parte coas entradas de Messi... Tiña louca á defensa branca, driblando sen parar...

Lembro coma me levantei cando na segunda metade, Dinho marcou o segundo gol... Colle o balón no medio do campo, vaise de Sergio Ramos cunha facilidade pasmosa, continúa correndo... e cun sutil recorte hacia a súa perna dereita, rómpelle a cadeira a Helguera e bate a Casillas, de maneira exemplar. O salto foi meirande ca co gol anterior... Tres amigos do Barça, o resto do Madrid... Coma rimos nolos tres...

A guinda foi o terceiro... Dinho outra vez arrancou dende o medio do campo... Cando vin que o astro brasileiro collía o balón... gritei: Dinho! LÍALA! ti sabes!... Dito e feito. Volve a sentar a Sergio Ramos, e bate de disparo cruzado a Casillas de forma espectacular...

Os aplausos comezaron a soar nun Bernabeu no que Laporta non puido celebrar os goles... Aínda por riba hoxe tamén lle gaña o Werder Bremen por tres goles a un... Se cando se está en racha, estase...

Canción de beber portuguesa

Canción de beber portuguesa

A continuación, cántovos unha canción portuguesa que aprendín en Polonia (si, si, en Polonia aínda que pareza mentira). Grazas a Mariana, Catarina, Carlos, Marco, Patricia, Isa e Tiago, podo fachendear e cantar cancións cando estamos cunhas birras entre amigos... Aí vos vai:

Inmaculada a señora dos pasteis, pasteis!

Mira que o viño nâo se acabe nos toneis, toneis!

i que augardente seja cada vez mais forte

Xura, xurarei que beberei ate a morte

Cando eu morrer nâo quero choros e gritos,

ao pé de min quero cinco, cinco litros

Vai cara arriba, cara arriba e cara abaixo

Vai cara o centroooooooooo....

vai cara o centro e bota abaixo

 

Un relato de amor

Un relato de amor

Este é un traballo que entreguei o ano pasado á mestra de Comunicación Escrita. Pedíame unha narración, que contivera as palabras ordenador, facultade e chuvia... Cun diálogo (tanto directo coma indirecto), con esa base, escribín estas verbas... A ver que vos parecen...

Correndo. Correndo a máis non poder.Chuvia, chuvia e mais chuvia. Non podía ollar nada mais alá das miñas gafas.Todo o chan estaba mollado e os meus zapatos patinaban como se dunha pista de xeo se tratase. Non era capaz de correr, nin tan siquera de a seguir ; o vento e o frío impedíanmo. Toda a xente xirábase e ollábame de forma estraña: estaba totalmente enchoupado, con tan só unha camisola de manga corta, e arrastrando o resto da miña roupa que levaba entre os brazos como boamente podía. Tal vez o meu aspecto resultase un tanto cómico e ridículo, pero eu non o pensaba así. De súpeto, despois de correr o que a min me pareceron miles de quilómetros, vina. Comecei a berrar o seu nome sen cesar, mentres todos os transeúntes ficábanse ollando fixamente. Ao ver que ela non me facía caso, caín rendido de xeonllos sobre o asfalto. De repente, noto como unha man me apaña o queixo e diríxeo cara o ceo. Ela ollábame á cara, cos ollos chorosos, e entón comecei a cantar unha das súas cancións preferidas:

 

- I´m dancing, and singing, in the rain...

 

            A miña facultade. A moderna e espectacular facultade de Ciencias Sociais. Sentado nunha mesa da zona de informática enfronte a un ordenador, fumando un pito e cunha aspirina acompañada dun vaso de auga sobre a mesa, por se me entraba de novo a dor de cabeza. A señora da limpeza fixo un aceno un tanto brusco para que apagase o cigarro, pero a min non me importaba o que ela me dixese: falaba por internet co amor dos meus amores. Fun á facultade para poder conectarme á rede e escribirme con ela aínda que só se tratase dunhas liñas. Estaba na súa casa e eu mandáballe fotos e cancións que sabia que a ela lle gustaban. Para min non había nada máis importante que estar con ela e poder senti-la , aínda que tan só sexa por internet. Era unha sensazón indescriptíbel, que enchía o meu baleiro interior. De repente, Rosalía corta por completo a conversación e pregúntame:
- Xosé, temos que falar, importarche que me pase agora pola facultade ou estás a traballar?
- Claro que non cariño, sabes que ti podes vir cando queiras- respondín, tecleando as teclas con nerviosismo...Se unha rapaza che di: "temos que falar", en poucas ocasións se dá o caso de que sexa algo positivo para a continuidade da parella, pero quen sabe, igual se trataba de calquera chorrada sen importancia. Ela sabia perfectamente como deixarme desacougado e impaciente.

 

            Chegou á facultade nun momento, nin tan siqueira dérame tempo a falar con uns amigos que alá estaban, pero aínda así estaba demasiado preocupado para estar cos colegas. Ela estaba, como sempre, espléndida. Ía abrigada ate o pescozo, xa que, ao igual ca min, se atopaba un pouco enferma. Deille un bico, pero ela  facendo un guiño e un aceno un tanto estraño, dirixiuse á cafetería para falar comigo, un detalle que me chamou a atenzón. Sentouse, cruzando as pernas e comezando a balancearse na cadeira ollando para todos os lados, salvo para a miña cara. Eu non podía deixar de a mirar , como sempre me pasara desde o día no que a coñecín. A intranquilidade e a falta de agarimo que me estaba a demostrar Rosalía, provocaba na miña unha sensazón de terror e pánico, e por primeira vez na miña vida, desexei que ela non estivese alí naquel momento.

 

- Xosé, ti sabes o que me pasou estes días que non estivemos xuntos non?- preguntoume Rosalía esperando unha resposta que a satisfixese.
- Pois o que me dixeras, non?que tiñas unha morea de traballos pendentes e tiñas que apurar este cuadrimestre para poder quitar todas as asignaturas.- contestei, sabendo que nin eu mesmo cría as palabras que estaba a pronunciar naqueles intres.
- Xosé, vouche dicir a verdade e sen rodeos.- díxome esta vez ollándome fixamente á cara- coñecín a outra persoa, e aínda que sei que ti es un tío estupendo e hai poucos coma ti, non podo negar que estou namorada del. Síntoo. Sempre poderemos ser amigos- concluíu cun enigmático sorriso.- Adeus- e dándome un bico na miña meixela que magoas notei, marchou. Marchou sen mais.

 

            Mentres vía como ela marchaba, eu me ficaba colado ao asento, inmóbil, ollando para o chan, que semellaba que era o único que non se burlaba do meu. Dous compañeiros viñeron no meu auxilio, pero aparteinos cos brazos con todas a miñas forzas e comecei a correr detrás dela.

 

Cinemas da Lúa. Salas de Cine Galegas

Descargáde tódolos arquivos do traballo (xa que a maioría teredes Acrobat Reader, cólgovolos en .pdf, porque en Corel Draw habería máis problemas ). 

As camisetas de Cinemas da Lúa

O cartaz de Somne en Cinemas da Lúa

Como serían as entradas do cine?

Unha carta de Cinemas da Lúa (Folla 1)

As follas empregadas na empresa (Folla 2)

Os sobres das cartas que envía a empresa

A tarxeta do presidente e o tarxetón para felicitacións

Este é un logotipo que lle entreguei onte ó mestre de Producción Publicitaria nos Medios Impresos. O traballo consistía en elaborar unha identidade corporativa gráfica, explicar a tipografía e a variedade cromátiva empregada e aplicar a diferentes soportes o logo. Esta ardua tarexa non sería posible sen a providencial axuda do meu grande amigo Denís, o cal lle agradezo moitísimo que gastara o seu tempo e a súa preocupación en botarme unha man para facer este traballo. Elixín unha sala de cines, por suposto, galega, que emprega coma logo a famosísima lúa dos irmáns Lumière dunha das primeiras películas da historia: Viaxe á lúa, de 1902. Gustaríame que deixarades a vosa opinión do logo, iso si, o mérito atribuidello a Denís que foi o que tiña maior idea de deseño ca min...

Berlusconi... Fuches a Opening?

Berlusconi... Fuches a Opening?

Descarga o vídeo no que Berlusconi fala de todo salvo inglés...

Se é que para ir ós States hai que ter unhas nocións de inglés... Non podes lamberlle o cú a Bush sen saber o seu idioma, aínda que moitos facíano igual no seu (véxase caso Aznar). United States, segundo Berlusconi é a flage da democrasi et pis... que vén intentando dicir que é a bandeira da democracia e da paz... Ai, ai, ai... Berlu, Berlu... Da seguinte, fíchante para o Mentireiro, Verdadeiro de Piñeiro... Aínda por riba de ternos Telecinco, non lle fas ben a pelota a Bush...

 

España gáñalle cunha manciña a Eslovaquia

España gáñalle cunha manciña a Eslovaquia

Ninguén podía imaxinar que a selección de fútbol eslovaca ía ser tan feble. Apenas opuxeron resistencia ante un combinado español que estivo sensacional, sobre todo durante a primeira metade. O Vicente Calderón estaba repleto de xente para ve-lo partido.

Nada máis comezar, nun saque de córner efectuado por Xavi, Luis García remata ó fondo das mallas cun excepcional testarazo. Dez minutos máis tarde, un exquisito pase de Xavi por riba da defensa, é recollido co peito por Luis García, quen sen deixar cae-lo balón, bate de disparo cruzado ó gardameta eslovaco... Unha primeira parte na que o dominio foi ibérico, e no que a calidade eslovaca en defensa deixaba moito que desexar...

A segunda metade comezou con susto... Un pase a Casillas de Luis García é interceptado por Nemeth, quen envía o balón á rede... Cun 2-1, a selección iría moi presionada a Eslovaquia, e non podería apenas respirar... Pero no minuto 65, tras un errado remate de Luis García, Kratochvil parece rebasa-lo balón coa mao, aínda que a xogada é máis que dubidosa. O árbitro decreta penalti, transformado por Torres. De novo, tranquilidade... Pero Luis García era o home do partido, e tiña que rematar con hat-trick, e tras unha xenial xogada de Vicente (que saiu na segunda metade no canto de Reyes), o centro deste é rematado por Luis García co tacón. 4-1. Eliminatoria sentenciada. Pero habería tempo para un quinto que alzara a manciña... A dez minutos do final, Vicente realiza outro dos seus fantásticos centros, rematado de xeito soberbio por Morientes (recambio do ovacionado Luis García)... En fin, cabe destacar que Luis García é un crack inesperado, pero este rapaz catalán está triunfando na Premier League, e non é de estranar...

Supoño que con este resultado deberemos estar en Alemaña... Pero, para unha vez que xogan ben, tampouco imos tirar cohetes... O bo faise esperar...

 

Cartel Santa Katabirra 2005

Nesta fotografía, observades coma se poden unir varios personaxes de debuxos animados coma Barney (dos Simpsons), Cartman (South Park) e Jessica Rabbit. Este cartel foi creado por min e polo meu compañeiro e amigo David Vázquez para a festa da nosa facultade, Santa Kata. Lástima que non puideramos entrar no concurso para que o cartel fose impreso en camisetas e en pósters, pero a satisfacción de habelo feito e de que a idea fose inxeniosa (ou eso cremos), henos suficiente... 

Dicídenos vós que vos parece... 

 

Enrique Iglesias descúbrese como cantante

Enrique Iglesias descúbrese como cantante

Descarga este simpático vídeo do programa de Telecinco El Informal

Recordades a grabación difundida por Internet, na que Enrique Iglesias desafinaba de maneira espantosa? Pois aquí, dende Andresinho, poderes baixar o simpático e tronchante vídeo do programa El Informal no que afonda e ridiculiza aínda máis do que xa fixo o cantante el só... Baixade e a Olainíiiiii sin wen de riber di vai... Ou algo así di...